top of page

Nadadoras

Son grupos de iniciación e toma de contacto coa natación sincronizada de nenas/os a partires de 5 anos.

​

Son grupos formados por nadadoras/es que teñen certo dominio das habilidades específicas da natación sincronizada.

A categoría de Nivel está composta por nadadoras/es que desexen competir a nivel territorial e aspiran a poder participar en competicións nacionais.

Escola

Son grupos de iniciación e toma de contacto coa natación sincronizada de nenas/os a partires de 5 anos.

​

O obxectivo principal é que aprendan a nadar ben, as posición e remadas básicas da natación sincronizada.

​

Realizarán traballos de seco (flexibilidade e posicións corporais e de auga (natación, flotacións, mergullo…).

​

Participarán coa súa escenografía no Trofeo Concello de Oleiros, organizado polo noso club, así coma na exhibición de fin de curso.

​

​

Base

Son grupos formados por nadadoras/es que teñen certo dominio das habilidades específicas da natación sincronizada.

​

O obxectivo principal é o perfeccionamento do deporte para a iniciación á competición, por elo, realizarán diferentes actividades como natación, sincro, desenrolo da flexibilidade e a forza.

​

A categoría de base esta dividida en 4 grupos determinados pola normativa de competición da propia FEGAN

  • Base I. Nenas/os nadas até 2009 que superen as probas da g2.

  • Base II. Nenas/os nadas até 2008 que superen as probas da g3

  • Base III. Nenas/os nadas até 2007 que superen as probas da g4

  • Base IV. Nenas/os maiores de 12 anos que superen as probas da guía alevín. Na actualidade, esta categoría se divide en dúas, diferenciando base IV Infantil (2006-04) e base IV junior (2003 e maiores).

​

Os equipos de Base I, Base II e Base III competirán (se así o determina a súa adestradora) a nivel autonómico en varias xornadas puntuadas por xuíces federados de FEGAN:

  • Dúas xornadas de Figuras. Executarán dúas figuras en cada xornada.

  • Unha xornada de Coreografía no Campionato Galego de Inverno. Presentarán o seu Combo, coreografía composta por todas as integrantes do grupo cun máximo de 10 nadadoras/es.

  • Unha xornada de Coreografía no Campionato Galego de Inverno. Presentarán o Equipo, cun máximo de 8 nadadoras/es

 

Os equipos de Base IV competirán a nivel autonómico en dúas xornadas:

  • Campionato de inverno coa súa coreografía de Equipo.

  • Campionato de verán coa súa coreografía de Combo.

 

Todos os equipos de base, participarán no Trofeo Concello de Oleiros, organizado polo noso club e na exhibición de final de curso, ademais de en diversos trofeos organizados por outros clubs de Galiza.

Nivel

Nivel
Base
Escuela

A categoría de Nivel está composta por nadadoras/es que desexen competir a nivel territorial e aspiran a poder participar en competicións nacionais.

​

O obxectivo principal é a procura da perfección da natación sincronizada para o  óptimo rendemento deportivo.

Para acceder a Nivel é necesario pasar unhas probas de seco, natación, habilidades e figuras puntuadas por xuíces da FEGAN durante distintas xornadas ao longo da temporada.

​

A categoría de Nivel está dividida en tres grupos:

  • Alevín, nadadoras/es nadas até o ano 2004 e superaran previamente as probas de Alevín I e Alevín II segundo a súa idade.

  • Infantil, nadadoras/es nadas nos anos 2001, 2002 e 2003 que superaran previamente as probas de Alevín II ou Infantil.

 

Estes equipos competirán (se así o determina a súa adestradora) a nivel autonómico en varias xornadas:

  • 4 xornadas de Figuras FEGAN

  • 2 xornadas, campionato de inverno e campionato de verán, nelas puntuaranse Dúos, Solos e as coreografías en equipo: Rutinas combinadas, coreografía composta dun máximo de 10 nadadoras/es e Rutinas libres, coreografías cun máximo de 8 nadadoras/es.

 

Tamén participarán nos Campionatos de España.

  • Campionato de inverno: Figura e Rutinas combinadas

  • Campionato de verán: Figuras, Rutinas combinadas, Rutinas libres, Dúos e Solos.

 

Na actualidade o clube non conta con nadadoras nesta categoría.

 

bottom of page